div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Na entrega deste sábado de 'A miña gran cidade', Eddy Insua abrirá as portas da súa querida Fisterra para recibir a Sonia e Selena

O empresario, convertido en celebrity, intentará convencer o icónico dúo musical de que a vila da ‘fin do mundo’ é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións

csag.gal 01/11/2025 02:00

Santiago, 01.11.2025.-   O programa ‘A miña gran cidade’ (22:05 h), presentado por Noelia Rey, saudará este sábado os espectadores desde Fisterra, a fin do mundo, o lugar onde milleiros de peregrinos acoden para queimar as súas roupas vellas e renaceren de novo bañados polo Atlántico. 

Unha celebridade local exercerá de anfitrión para non unha, senón dúas persoas convidadas. O seu obxectivo é simple, pero nada sinxelo: convencer as súas visitantes, en só unha hora, de que Fisterra é o lugar ideal onde quedar uns días de vacacións. Quedarán as convidadas en Fisterra coa maleta ou liscarán co billete de volta? 

Nesta entrega do espazo da TVG, Eddy Insua abrirá as portas da súa querida Fisterra para recibir a Sonia e Selena. El é un empresario ao que lle cambiou a vida un famoso programa de televisión. Convertido en celebrity, compaxina o seu negocio coa televisión e as redes. Elas, dúas famosísimas cantantes, forman un icónico dúo que pon a todo o mundo a bailar cando chega a calor do verán.

Para conquistalas, Eddy ten preparadas catro experiencias coas que amosar a esencia da vila. O punto de arranque será un paseo polo mercado e o porto, para coñecer o día a día dos fisterráns. Despois farán unha parada gastronómica no restaurante El Puerto e gozarán dun menú de nivel en O Fragón.

Tamén se achegarán ás cabanas que rexenta Eddy, un reclamo que vai gañando popularidade na zona, e o periplo rematará cunha visita ao mítico Faro de Fisterra, onde rematan o Camiño moitos peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade