div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Nunha noite decisiva rumbo á semifinal, 'Bailamos' recibe hoxe o Grupo Beatriz e a escola Break Inclán

Noelia e Emma, por unha lado, e Juanogy e Álex, polo outro, enfrontaranse nas últimas batallas pola permanencia, mentres Sara e Alejandra bailarán xuntas ao ritmo de Ana Mena e Lola Índigo

csag.gal 08/11/2026 00:01

Santiago, 8.11.2026.-    Os dez concursantes que continúan no programa ‘Bailamos’ (22:35 h) enfróntanse hoxe á terceira e última noite de expulsións. Despois de despedir xa catro compañeiros, tocará dicirlles adeus a dous máis. Noelia e Emma, por unha banda, e Juanogy e Álex, pola outra, loitarán por conseguir unha praza na semifinal.

A emoción chegará ao máximo con estas dúas últimas batallas pola permanencia. Noelia e Emma, que teñen unha relación moi especial, terán que converter a complicidade nunha competición decisiva. Para Noelia será a súa segunda batalla, mentres que Emma se enfrontará por primeira vez a esta situación. As dúas confían na súa forza e presenza sobre o escenario, pero só unha poderá asegurarse a continuidade. 

A outra batalla enfrontará a Juanogy e Álex, dous amigos que terán que loitar por seguir no programa bailando baixo o filme ‘Star Wars’. Álex chega dunha gala complicada, pero asegura que, se lle toca marchar, estará contento de que Juanogy continúe. Este, que leva tres batallas consecutivas gañadas, comparte o sentimento. Sexa cal sexa a decisión final, será un momento difícil para os dous concursantes, que atoparon no outro un apoio fundamental durante a competición. 

O xurado terá que afrontar unha das noites máis complicadas da temporada: decidir quen continúa cara á semifinal e quen se despide definitivamente do programa. Só oito concursantes seguirán soñando coa final. Quen conseguirá a súa praza?

Polo demais, o Grupo Beatriz, a piques de facer 30 anos creando festa, chegará desde Asturias para poñer a bailar o escenario de ‘Bailamos’. O programa recibirá tamén a Break Inclán, a única escola de Galicia especializada en breakdance, que amosará a forza deste estilo e permitirá descubrir as diferenzas entre o hiphop e o breakdance. 

Sara e Alejandra bailarán ‘Pa ti toa’, de Ana Mena e Lola Índigo, cunha coreografía rápida e divertida. As dúas queren chegar á final, pero Sara vivirá un momento especialmente emotivo, xa que bota moito de menos o seu mozo. Pola súa parte, Alis e Brais subirán a intensidade cun tema de Pitbull nunha coreografía chea de pasos en que o reto será bailar con precisión sen perder a diversión. 

A sensualidade chegará coa categoría ‘Sexy’, en que Marinés e Mauro bailarán ao ritmo de ‘Cincuenta sombras de Grey’. Mentres Marinés recoñece que ‘Bailamos’ a fixo medrar emocionalmente, Mauro cuestionará a variedade de estilos que afrontan os concursantes e as oportunidades que ten cada un de lucir as súas fortalezas. Jaime Pablo Díaz dará a súa opinión sen medias tintas nun debate sobre a formación, o control e a importancia da danza clásica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade