div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O equipo de 'Galicia bonita' enfróntase este mércores ao reto de recuperar unha casa árbore en Lalín

Na segunda entrega, o programa viaxa a Vilalba para rehabilitar unha vivenda e os seis pendellos anexos 

csag.gal 19/11/2025 00:01

Santiago, 19.11.2025.-   O ‘Galicia bonita’ desprázase esta semana a Lalín para facer unha intervención nun espazo único: unha casa árbore. A súa propietaria, Maripaz -cociñeira de profesión- agasallará a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes cunha semana gastronómica que lles dará folgos para un traballo tan intenso como variado.

Entre as intervencións previstas figuran o recebo de paredes de bloque e ladrillo, a retirada da piscina da finca, a limpeza da cuberta, a colocación dun novo chan de madeira baixo o soportal, a fabricación dos marcos das ventás e un remate final a base de pintura e decoración con plantas. Cun orzamento limitado e só cinco días de prazo, o equipo terá que organizarse para superar os contratempos e completar a reforma no tempo dispoñible.

A continuación, ‘Galicia bonita’ viaxa ata o lugar da Frouxeira, en Vilalba, para acometer unha nova intervención. Nesta ocasión, os traballos centraranse na vivenda de Luís e nos seus seis pendellos anexos, moi deteriorados polo paso dos anos e cubertos de fibrocemento.

O propietario, que sofre importantes problemas físicos, ten unha necesidade prioritaria: asegurar unha cuberta resistente para o seu húmido alboio. Esta demanda condicionará boa parte da planificación semanal e poñerá a proba a capacidade de reacción do equipo, que deberá coordinarse ao detalle para devolverlle funcionalidade e dignidade ao conxunto da propiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade