div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O programa 'Expediente Oculto', novidade no prime time dos luns, reconstruirá hoxe o crime de Cortegada e falará cunha vítima do perigoso delincuente Pandolo

Ademais, o espazo presentado por Patricia Abet (22:40 h) viaxará a Ribeira de Piquín para achegarse á igrexa das caveiras e á súa lenda

csag.gal 26/01/2026 02:00

Santiago, 26.01.2026.-    O programa de investigación ‘Expediente Oculto’ aterra hoxe na noite dos luns da TVG para seguirlles ofrecendo aos espectadores unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes reais, actualidade xudicial e social, así como lendas e misterios de Galicia.

Presentado por Patricia Abet, o programa reconstruirá hoxe o caso do crime de Cortegada. En 2021, un home viaxou a esta aldea ourensá desde Cataluña para coñecer unha muller coa que contactara a través dunha rede social. Días despois desapareceu a e investigación rematou destapando un sinistro asasinato.

Por outro lado, ‘Expediente Oculto’ viaxará a Ribeira de Piquín para achegarse á 'igrexa das caveiras' e á súa lenda. Se hai unha igrexa enigmática en Galicia é a dos Vaos, vixiada por cinco caveiras humanas que observan o visitante desde a parede do pórtico. Encaixadas nun muro, sobreviven ao paso do tempo, pero os vivos non teñen memoria suficiente para lembrar quen son eses mortos. Ninguén sabe hoxe a súa historia, só quedan lendas e suposicións.

No apartado de actualidade, o programa da Televisión de Galicia porá o foco nas agresións sexuais, tras semanas de denuncias. Ademais, os espectadores escoitarán o testemuño dunha vítima de Pandolo, un dos delincuentes galegos máis perigosos, cun longuísimo historial criminal, que está a ser xulgado por tres intentos de homicidio en Ordes.

A listaxe de colaboradores e expertos cos que se debullarán estes casos está conformada por Aser Moreiro, Jorge Melchor, Carlos Fernández Cortinas, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao, José Antonio Vázquez Taín, Berta Rodríguez e David Outeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade