div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O programa 'Somos animais' estará hoxe cunha das mellores especialistas en cabalos do país

Ademais, o experto do espazo da TVG terá que educar unha pastora alemá para que a tranquilidade volva á casa do seu dono

csag.gal 26/02/2026 00:01

Santiago, 26.2.2026.-  A Televisión de Galicia ofrecerá este xoves á noite unha nova entrega do reality ‘Somos Animais’ (22:40 h), que pretende ensinarlle á xente a solucionar os problemas cotiáns que se lles presentan coas súas mascotas. 

O presentador de ‘Somos Animais’, Hugo Cabaleiro, estará hoxe con Irene, unha das mellores especialistas en cabalos do país. Con ela, os espectadores coñecerán a Pegaso, un exemplar que sufriu un cólico. Vaille intentar salvar a vida ao pobre animal, que estivo padecendo sen que os seus donos desen co seu mal. 

Ademais, o programa viaxará a Oleiros, onde Jorge se vai atopar cunha peculiar parella que bota todo o día rifando coma se fora un matrimonio: Álex e Tessa. Esta é unha pastora alemá que o experto vai ter que educar para que a convivencia volva á súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade