O reality 'Bailamos Celebrity', de TVG, trending topic na noite do domingo - CSAG
O reality 'Bailamos Celebrity', de TVG, trending topic na noite do domingo
Actores, cantantes, presentadores e caras famosas da canle competirán en parellas aínda durante todo agosto antes da gran final do concurso

Santiago, 04.08.2025.- Os bailes dos concursantes de ‘Bailamos Celebrity’, o reality da Televisión de Galicia da noite do domingo, suscitou onte unha gran conversa nas redes, chegando a ser trendig topic contra as 23:30 horas, ocupando a primeira posición de España.
Os ‘tuiteiros’ galegos entregáronse durante a emisión do concurso de baile a comentar en X as actuacións e o debate do xurado, que aínda conta con máis entregas ata alcanzar a gran e esperada final prevista para finais de agosto. Os famosos dan o mellor de si en cada entrega de ‘Bailamos Celebrity’, espazo presentado por Juan Fuentes, e que conta no seu xurado co coreógrafo Fran Sieira, a artista drag Marisa Prisa e a actriz Silvana Sestelo.
No programa deste domingo Eddy Insua interpretaba con Miguel Canalejo ‘Terra’, de Tanxugueiras; Noelia Rodríguez e Noelia Rey dérono todo ao ritmo de ‘Toxic’, de Britney Spears, e Miguel Mandayo e Fran Cañotas transformáronse con ‘Uptown funk’, de Mark Ronson e Bruno Mars. Ademais, ‘Everybody needs somebody’, de The Blues Brothers, amosou a mellor versión de Roi Méndez e Luís Iglesia, e, para espectáculo, o que deron Eva Iglesias e María Mera bailando xuntas. Finalmente, a Trisha Fernández e Sabela Silva tocoulles bailar un exitazo: ‘Nochentera’, de Vicco.
