div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O XABARÍN DA TVG, NO ASCENSO DO MONBUS OBRADOIRO Á LIGA ACB

A mascota do Club da Galega lembrou os momentos máis senlleiros do Obradoiro no partido do seu retorno á máxima categoría do baloncesto español 

O Xabarín e a mascota do Obradoiro CAB intercambiaron carnés de socios de honra
 

csag.gal 08/05/2026 14:27

Santiago, 08.05.2026.-  O Xabarín da Televisión de Galicia saltou á cancha do Multiúsos Fontes do Sar este venres, 8 de maio de 2026, no descanso do partido que enfrontou o Monbus Obradoiro co Inveready Guipúzkoa. A Mascota do Club da Galega viaxou a Santiago de Compostela con motivo da decisiva e última xornada de Liga na 1ª RFEF, celebrando así o retorno do club obradoirista á máxima categoría do baloncesto español e rememorando os 40 anos da TVG e os 40 anos de retransmisións e apoio á entidade santiaguesa.

“Hai alguén ahí?” foi a mítica pregunta que se escoitou este luns na Caldeira do Sar no descanso do Obradoiro-Guipúzkoa, no que o Xabarín convidou a todos a formar parte da súa nova plataforma dixital Xabarin.gal

O Xabarín lembrou os éxitos do Obradoiro CAB, as mellores canastras, as grandes celebracións, os xogadores históricos, os momentos senlleiros e a traxectoria do club santiagués nestas catro décadas de trasmisións na TVG. Os videomarcadores do Multiúsos proxectaron un vídeo conmemorativo coa música da mítica canción ‘Somos do Club da Galega’.

Nun acto de celebracións cargado de sorpresas e agasallos na Caldeira do Sar, a mascota do Obradoiro CAB, Chicha, e o Xabarín intercambiaron carnés xigantes de ambas entidades. Xabarín.gal xa é abonado de honra do Obradoiro, e tamén a entidade santiaguesa é novo socio do Club da Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade