Os concursantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' seguirán pelexando esta semana por dar o mellor en cada actuación - CSAG
Os concursantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' seguirán pelexando esta semana por dar o mellor en cada actuación
Espectacular apertura e peche para un programa (22:00 h) en que farán a súa aparición as temidas ‘particellas’

Santiago, 13.12.2025.- ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ ofrecerá esta noite unha espectacular apertura do programa, cun arranxo musical de Yennia do coñecido tema ‘O sancristán de Coímbra’, interpretado por el mesmo e por César Romero, cunha importante e emocionante posta en escena.
Nesta nova entrega do concurso presentado por María Mera, cada concursante seguirá pelexando por dar o mellor en cada actuación. David comeza a sentirse cada vez máis seguro, e iso notarao na valoración do xurado. Sabela, a outra benxamina do programa, coa que David ten moi boa química, tamén pasa por un bo momento. Todo o contrario que Diego, do que se volverán apoderar os nervios.
Pola súa parte, Virginia segue demostrando forza e versatilidade, esforzo e paixón por todo o que fai, mentres que Lucía arrasará no escenario cun tema que, máis que unha canción, parece un trabalinguas. O dúo de hoxe estará formado por María e Yey, que interpretarán ‘APT’.
Todo irá ben en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ ata que fagan a súa aparición as temidas ‘particellas’. E, como colofón a este emocionante programa, os padriños e César Romero interpretarán ‘Como yo te amo’.