div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os partidos Osasuna-Celta e Deportivo-Valladolid protagonizarán o domingo de 'Galicia en Goles'

O sábado, o programa da Radio Galega prestaralle atención ao baloncesto ACB, coa retransmisión desde o Palau Blaugrana do Barcelona-Breogán

csag.gal 24/10/2025 00:30

Santiago, 24.10.2025.-    O ‘Galicia en Goles’ continúa na fin de semana tras a edición especial pola Europa League. Este venres, ás 20:30 h, Roberto Carlos Carballo analizará cos protagonistas o calendario dos equipos galegos e ofrecerá as roldas de prensa dos principais adestradores.

O sábado, a partir das 14:15 h, a atención estará posta en Balaídos, onde o Celta Fortuna e o Rácing de Ferrol disputarán un novo derbi da Primeira RFEF. Tamén será protagonista o Ourense C. F., que antes de xogar na Copa ante o Real Oviedo debe visitar o Cacereño no Príncipe Felipe. O calendario da Segunda RFEF abrirase no campo Arsenio Iglesias de Abegondo, co enfrontamento entre os dous primeiros clasificados do grupo primeiro: o Fabril Deportivo e o Oviedo Vetusta.

Durante a tarde, o programa tamén estará pendente do Palau Blaugrana, onde o Breogán visita o F. C. Barcelona coa moral reforzada tras sumar a semana pasada na pista do Zaragoza a primeira vitoria da temporada. 
   
O domingo, a edición matinal principiará ás 12:00 h co derbi de Primeira RFEF no Espiñedo entre o Arenteiro e o Pontevedra. Na Terceira RFEF xogaranse cinco encontros e o baloncesto terá oco coa visita do Obradoiro ao Estudiantes na Primeira Federación. Fronte a fronte estarán dous candidatos ao ascenso á Liga ACB.

A tarde vai ser intensa, xa que o ‘Galicia en Goles’ volve ter sesión continua cos dous grandes do fútbol galego. Así, o Celta visita o estadio Sadar en Pamplona para enfrontarse ao Osasuna co obxectivo de sumar por fin o primeiro triunfo da competición regular. A continuación comezará en Riazor o Deportivo-Real Valladolid da Segunda División, coa obriga para os herculinos de lograr os tres puntos tras catro xornadas sen coñecer a vitoria. Durante a tarde tamén terá cobertura o Unionistas de Salamanca-Club Deportivo Lugo, da Primeira RFEF, e o Cangas-Logroño, da Liga Asobal de balonmán.

Todas as emisións deportivas da Radio Galega poden seguirse a través da FM, a plataforma AGalegaAudio.gal e a canle de YouTube.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade