Qatar, punto de encontro entre Oriente e Occidente, é este martes o destino de 'Latitude galega' - CSAG
Qatar, punto de encontro entre Oriente e Occidente, é este martes o destino de 'Latitude galega'
Cinco galegos guiarán os espectadores por esta península do Golfo Pérsico, convertido nun dos países máis ricos do mundo grazas aos seus hidrocarburos

csag.gal
10/03/2026 00:01
Santiago, 10.3.2026.- O programa ‘Latitude Galega’ (22:40 h) viaxa esta semana a Qatar, unha península do Golfo Pérsico que pasou da pesca e as perlas a converterse nun dos países máis ricos do mundo grazas aos seus hidrocarburos. Hoxe é un punto de encontro entre Oriente e Occidente, cunha capital, Doha, moderna e chea de rañaceos.
O reporteiro Perico Balado coñecerá Qatar da man de cinco galegos: Iago, un bolseiro de Gondomar; Yasmina, unha directora de hospitalidade de Pontevedra; David, un enxeñeiro de Monforte; Josué, un adestrador da Coruña; e Javier, un rehabilitador de Ourense.
CRTVG VIVA