div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Radio Galega logra o mellor dato de audiencia da súa historia, con 225.000 oíntes

O grupo de emisoras dos medios públicos galegos alcanzou a cifra histórica dos 253.000 oíntes diarios de luns a venres

O espazo informativo ‘Galicia por Diante’ marca tamén a mellor cifra da súa historia, acadando 150.000 oíntes

 

 

 

Kiko Novoa e Cristina García, presentadores do 'Galicia por Diante' Kiko Novoa e Cristina García, presentadores do 'Galicia por Diante'
crtvg.gal 30/11/2023 11:57

Santiago, 30.11.2023.-   Radio Galega logra o mellor dato de audiencia da súa historia con 225.000 oíntes diarios de luns a venres e 188.000 de luns a domingo, segundo os datos da terceira onda do Estudo Xeral de Medios, publicada este xoves. Radio Galega Música tamén experimentou un incremento de audiencia. Chegou aos 31.000 oíntes de luns a domingo e 28.000 de luns a venres. En total, o grupo de emisoras da radio pública galega alcanzou a cifra histórica dos 253.000 oíntes diarios de luns a venres e 219.000 de luns a domingo.

Con respecto á anterior onda, a Radio Galega incrementou a súa audiencia nun 58,4% de luns a venres, con 83.000 novos oíntes.

Cifras históricas durante as 24 horas do día

O programa ‘Galicia por Diante’, conducido por Silvia Pereira e Kiko Novoa, marca tamén a mellor cifra da súa historia, acadando os 150.000 oíntes. O programa mantén a boa tendencia nas fins de semana da man de Luís Ojea e Victoria Rodríguez.

As madrugadas do ‘Pensando en ti’, presentadas por Ricardo Saavedra, dobran os datos das últimas ondas ata alcanzar a cifra dos 75.000 oíntes diarios. Na fin de semana, a edición de Marcial Mouzo tamén goza dos mellores datos da historia, con 55.000 oíntes. O programa ‘A Tarde’, dirixido por Antón Rebollido, tamén obtén algarismos históricos, ao medrar nun 74% a audiencia con respecto á segunda onda do EXM.

Os informativos ‘A Crónica’, con Xosé Valiñas e Xosé Luís López Vila, manteñen e aumentan tamén as súas audiencias con respecto á segunda onda, cunha suba pronunciada no informativo da tarde dun 60% máis de oíntes que na onda anterior, e que posicionan a radio pública galega como referente da información en Galicia.

No apartado deportivo, o programa ‘Galicia en Goles’, dirixido por Xoán Galán, experimenta unha pronunciada suba os dous días, sábado e domingo. O domingo practicamente duplica a audiencia acadada na segunda onda. Pola semana, o programa de análise ‘Ao contraataque’, de Pedro Pablo Alonso, chega a 24.000 persoas cada día, un dos mellores datos da historia do programa.

No que atinxe á cultura, as tres edicións do ‘Diario Cultural’ tamén acadan unha cifra histórica de seguimento por parte da audiencia, con 52.000 impactos diarios de luns a venres. A edición ‘Diario Cultural Zeta’ para a mocidade chega a 7.000 persoas nas fins de semana.

Tamén no apartado da especialización xornalística, o programa ‘Mar de Ardora’, dirixido por Xusto López Carril, alcanzou a cifra histórica dos 30.000 oíntes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade