div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Ribadavia acolle catro citas de 'O amor está en Galicia', entre a abstinencia, as segundas oportunidades e unha terceira voda

A TVG emite esta noite (22:40 h) dúas novas entregas deste espazo en que os protagonistas ansían coñecer o amor definitivo nunha contorna con encanto

csag.gal 22/04/2026 00:01

Santiago, 22.04.2026.-    A TVG emite dous novos capítulos consecutivos de ‘O amor está en Galicia’, gravados en Ribadavia, unha vila con historia, viño e tamén moito que dicir no eido sentimental. Paco Lodeiro e Laura Boado acompañarán as catro novas parellas potenciais en dúas entregas en que haberá confesións sorprendentes, segundas oportunidades e mesmo quen non perde a esperanza de pasar por terceira vez polo altar.

‘O amor está en Galicia’ arranca esta noite con Sara, de Mos, que regresa ao formato disposta a abrir de novo o seu corazón tras dous anos de abstinencia sexual. A súa cita será Paco, da Coruña, un hostaleiro sensible que recoñece emocionarse coas historias de animais. Tamén Bea, de Lugo, repite experiencia coa ilusión de atopar por fin a persoa axeitada. Coñecerá a Paco, de Brión, funcionario con dúas vodas ás costas que segue crendo no amor definitivo.

Na segunda entrega, Abel, de Cangas, extravertido e de carácter protector, coñece a Gerardo, de Vigo, peiteador de forte personalidade e pouco amigo das bromas. Na outra cita, Natalia, do Porriño, con só 21 anos e sen unha relación seria previa, enfróntase á experiencia xunto a Manu, do Irixo, un rapaz tranquilo, familiar e decidido a construír algo estable.

Entre paseos pola Alameda, encontros no castelo e momentos especiais en recunchos emblemáticos da vila, Ribadavia convértese de novo no escenario perfecto para comprobar se salta a chispa… ou se cada quen decide seguir o seu propio camiño.

Dúas entregas consecutivas e unha gran pregunta: prenderá o amor en Ribadavia?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade