div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia estrea este domingo 'Como ser feliz', un gran show televisivo sobre a busca da felicidade

O novo formato de prime time presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán (22:00 h) abordará cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade

csag.gal 24/05/2026 00:01

Santiago, 24.5.2026.-  Televisión de Galicia estrea este domingo ‘Como ser feliz’, un novo formato de entretemento que buscará afondar, desde o espectáculo, a emoción e o debate, nunha das grandes preguntas universais: como vivir mellor. O programa combinará expertos, convidados coñecidos, testemuños reais e participación do público nun show televisivo dinámico, aberto e participativo. 

Cada entrega estará centrada nun aspecto relacionado coa felicidade, abordando cuestións como o amor, o estrés, a alimentación, o traballo, o sono, o éxito ou a perda. O obxectivo será ofrecer ferramentas, reflexións e experiencias que axuden a comprender mellor como vivimos e como nos relacionamos co noso benestar emocional. 

O estrés

O primeiro programa estará dedicado ao estrés, un dos grandes males do século XXI. Convidados, expertos e xente do público compartirán experiencias relacionadas coa presión, a ansiedade ou o colapso emocional. O espazo mesturará coñecemento, retranca, emoción e espectáculo para preguntarse se realmente sabemos parar e como podemos aprender a vivir con menos estrés. 

“É domingo pola noite. Mañá hai que levantarse e ir traballar e ir vivir”, afirma Roberto Vilar no arranque do programa, nunha declaración de intencións dun formato que nace coa vontade de conectar coas preocupacións reais da xente e abrir conversación arredor da felicidade e do benestar. 

Ademais dos debates e entrevistas, ‘Como ser feliz’ contará cun coro moderno encargado de abrir e pechar o programa con adaptacións musicais relacionadas co tema do día, reforzando así a identidade emocional e espectacular do formato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade