div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Terelu Campos aspira hoxe ao carné de 'A miña gran cidade. Corazón galego' entre redeiras, gastronomía e queimada

Tras completar as seis experiencias, Terelu deberá agardar esta noite (22:45 h) a decisión de Eddy Insua, o único con potestade para decidir se o aprendido nesta viaxe é abondo

csag.gal 15/12/2025 00:01

Santiago, 15.12.2025.-    ‘A miña gran cidade. Corazón galego’ continúa este luns por Ortegal coa viaxe galeguizadora de Terelu Campos da man do fisterrán Eddy Insua. Tras unha primeira entrega mariscando, vivindo o ambiente dunha taberna e aprendendo da nosa música coa Escola de gaitas de Ortigueira, a malagueña mergullarase de cheo na tradición da comarca coruñesa noutras tres divertidas experiencias.

A etapa comeza na nave das redeiras de Cariño, onde reciben a Rocío Lozano e a María José Fernández, dúas profesionais que encarnan como poucas a transmisión xeracional do traballo do mar. Explícanlle a arte da volanta, usada para capturar pescada, e como as redes -chamadas panos- se esgazan no labor diario requirindo o arranxo por parte destas profesionais. Xa co mandil posto, Terelu enfróntase á agulla mariñeira. A visita remata coa mostra das redes do cerco, do tamaño de dous campos de fútbol. 

Da artesanía do mar pasan á gastronomía, no restaurante Marea. O cociñeiro Cristian Santiago preséntalles uns percebes impecables e un lumbrigante vivo do Ortegal que prepararán xuntos. O descubrimento chega cos berberechos á cariñesa. 

A última experiencia é a máis simbólica: unha queimada galega, preparada polo bruxo Mon.

Coas seis experiencias completadas, Terelu queda á espera da derradeira palabra: a de Eddy Insua, o único con potestade para decidir se todo o aprendido, das redes e o marisqueo á tasca ou a queimada, é abondo para concederlle o carné de corazón galego. Se o consegue ou non, saberase ao final do programa, este luns pola noite na TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade