div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

TVG, Radio Galega e G24 ofrecerán a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia

csag.gal 30/12/2025 14:39

Santiago, 30.12.2025.-  A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) emitirá este mércores, 31 de decembro, a tradicional mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia, unha cita institucional consolidada que cada ano permite ao xefe do Executivo galego dirixirse á cidadanía para facer balance do ano que remata e trasladar as principais liñas e desexos para o novo exercicio.

A mensaxe institucional poderá seguirse ás 14:25 horas a través da Televisión de Galicia (TVG) e emitirase de maneira simultánea en Radio Galega e no portal informativo G24.gal, garantindo así o seu acceso a través das principais plataformas do servizo público audiovisual galego.

Así mesmo, a CSAG reforza o seu compromiso coa accesibilidade ofrecendo a mensaxe no segundo canal da Televisión de Galicia, onde se emitirá con interpretación en lingua de signos, facilitando o seu seguimento ás persoas con discapacidade auditiva.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade