TVG volve reunir a parellas de distintas xeracións nun concurso de coñecementos de habilidades - CRTVG
TVG volve reunir a parellas de distintas xeracións nun concurso de coñecementos de habilidades
Os convidados desta semana en ‘Xeracións’ (22:00 h) terán que levantar un tabique de ladrillos, facer a cama, responder ás enxeñosas preguntas do "cóctel xeracional" e, coma sempre, dalo todo na proba final
Dúas novas parellas de distintas xeracións competirán este luns nunha serie de probas que avalían os seus coñecementos e habilidades, nunha nova entrega do concurso ‘Xeracións’ (22:00 h), presentado por Iván Mariñas, coa colaboración de Luís Iglesia e Jose Torres. Neste cuarto programa, os boomers Juan Luis e Santiago, dous amigos de Vilagarcía e da Illa de Arousa, enfróntanse a Vanesa e Cristhian, dous amigos de Friol.
As parellas terán que levantar un tabique de ladrillos, facer a cama, responder ás enxeñosas preguntas do "cóctel xeracional" e, coma sempre, dalo todo na proba final, "A batalla de baile". A parella gañadora pasará á seguinte fase e estará máis preto do gran premio: un coche.