div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Unha artesá especializada na fabricación de sombreiros amosará esta luns o seu traballo en 'Cos pés na terra'

O programa tamén coñecerá un proxecto de aloxamento rural onde se pode comer ‘shiitake’ e un rabaño ben numeroso de ovellas galegas

crtvg.gal 15/05/2025 16:15

Santiago, 19.05.2025.-  Elegancia dos pés á cachola. Isto é o que haberá hoxe en ‘Cos pés na terra’, que coñecerá a Julia, artesá especializada na fabricación de sombreiros inspirados no noso baile e traxe tradicional.

Por outro lado, o programa proporalles aos espectadores da TVG comer ‘shiitakes’ no aloxamento rural de Alejandro, que restaurou a casa de seu avó. Un proxecto que comparte coa súa compañeira María nun lugar cheo de historias ben curiosas e con bo sabor.

Ademais, ‘Cos pés na terra’ visitará a David no seu paraíso na aldea da Tellada,  que comparte coas súas ovellas, galegas, por suposto, un rabaño ben numeroso, por máis que non saiba exactamente cantas ten.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade