div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Xabarin.gal reforzará a súa oferta durante as vacacións de Semana Santa

Desde este venres, a canle dixital infantil da CRTVG irá estreando espazos como a serie documental galega ‘Arborismos’ e as series de animación ‘Boom & Reds’, ‘Monster Allergy’ e ‘A tableta máxica’

Ademais, están xa dispoñibles novos capítulos de ‘A abella Maia’ e o 18 de abril chegarán novas entregas de ‘A patrulla canina’

crtvg.gal 09/04/2025 13:45

Santiago, 09.04.2025.-    Xabarin.gal, a canle dixital infantil da CRTVG, ten preparadas para este mes de abril unha morea de estreas, que inclúen un reforzo de contidos durante as vacacións escolares de Semana Santa.

Así, o vindeiro venres, 11 de abril, estréase ‘Arborismos’, unha serie documental galega, dirixida por Cora Peña, sobre os trazos diferenciadores e as curiosidades de seis especies de árbores presentes no medio natural galego: o carballo, o salgueiro, o bidueiro, o castiñeiro, o loureiro e o freixo. É un contido dixital de gran calidade especialmente recomendado para toda a familia.

O luns 14 poranse a disposición 52 episodios de ‘Boom & Reds’, unha serie para primeiros espectadores en que un simpático ogro morado, Boom, intenta investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo.

O 16 de abril chegará a Xabarin.gal a serie ‘Monster Allergy’, cunha primeira tanda de 26 capítulos. Está protagonizada por Zick, un neno de 10 anos que nace cun superpoder e que pode descubrir os monstros do mundo grazas ás súas alerxias.

E o Venres Santo estrearanse 10 novos capítulos de ‘A patrulla canina’, unha das ficcións de debuxos animados máis populares entre os máis pequenos da casa. Nela, seis canciños, Chase, Marshall, Zuma, Rubble, Skye e Rocky forman unha patrulla que dirixe Ryder, un neno que os rescatou e lles ensinou habilidades que agora empregan para solucionar problemas con moito enxeño.

O seguinte venres, 25 de abril, a novidade será ‘A tableta máxica’, serie de animación da que se incorporarán os primeiros 13 capítulos. Ten como protagonista a Zeke, un debuxante que vive coa súa familia e ten unha tableta en que todo o que debuxa se volve realidade, pero normalmente con resultados desastrosos.

Ademais, tamén están xa dipoñibles en Xabarin.gal 26 novos capítulos da icónica serie ‘A abella Maia’, protagonizada por unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.

A maiores de todas estas estreas, todos os domingos se publicará na plataforma unha nova entrega do programa ‘Queres un conto?’, ao mesmo tempo que se emite na TDT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade