MODIFICACIÓN Bases “RECANTOS” 2025-2026 - CSAG
MODIFICACIÓN Bases “RECANTOS” 2025-2026
A Dirección do programa LUAR da TVG, sobre a base de criterios profesionais que favorezan a dinámica do programa e o interese da audiencia, establece as seguintes normas para a sección do concurso RECANTOS, englobado dentro do mencionado programa LUAR e unha vez transcorridas as primeiras fases eliminatorias e seleccionados os oito recanteiros:
FASE OITO RECANTEIROS
1 - Esta fase busca a selección de 6 recanteiros entre os 8 clasificados.
2 - Cada semana participarán 2 concursantes (individual e dúo) que serán puntuados do xeito establecido nas anteriores fases (xurado-redes-recanteiros).
O concursante gañador quedará clasificado automaticamente para a seguinte eliminatoria.
O concursante perdedor pasará a unha lista de “nominados”.
3 - Ao longo de catro semanas quedarán clasificados 4 recanteiros para a fase seguinte.
4 - Os 2 que faltan ata completar os 6 sairán do encontro directo entre os 4 recanteiros da lista e “nominados”.
Non haberá dúo nesta eliminatoria entre os 4 recanteiros “nominados”.
A puntuación dos catro recanteiros “nominados” será realizada polo sistema habitual: xurado+público+compañeiros.
REPESCA ESPECIAL XURADO
Aos seis Recanteiros clasificados na anterior fase sumaranse dous recanteiros elixidos a partir dunha repesca. Catro recanteiros accederán a esta repesca (que serán escollidos exclusivamente polo xurado de entre todos os participantes da edición actual do concurso Recantos, exceptuados os seis xa clasificados). Despois, seguindo o sistema habitual de votacións (xurado, compañeiros e público) escolleranse, de entre eses catro, os dous que pasen a formar parte novamente do concurso (sumándose aos seis recanteiros escollidos durante a fase).
FASE OITO RECANTEIROS
Na seguinte fase, na que participarán os oito recanteiros clasificados nas fases anteriores, establécese como obxectivo a clasificación de seis recanteiros para a seguinte eliminatoria, sobre a base das seguintes normas:
1 – Esta fase busca a selección de 6 recanteiros entre os 8 clasificados.
2 – Cada semana participarán 2 concursantes (individual e dúo) que serán puntuados do xeito establecido nas anteriores fases (xurado-redes- recanteiros).
O concursante gañador quedará clasificado automaticamente para a seguinte eliminatoria.
O concursante perdedor pasará á lista de “nominados”.
3 – Ao longo de 4 semanas quedarán clasificados automaticamente 4 recanteiros para a fase seguinte.
4 - Os dous recanteiros que faltan, ata completar o total de seis, sairán do encontro directo entre os catro “nominados”.
A puntuación deste encontro directo entre os catro recanteiros será a establecida en fases anteriores (xurado – redes - compañeiros).
Non haberá dúo nesta eliminatoria entre os 4 recanteiros.
LIGA SEIS RECANTEIROS
Esta LIGA terá como obxectivo a determinación dos catro semifinalistas de RECANTOS 2026.
A dinámica será a seguinte:
Dous recanteiros participarán en cada noite de Recantos (Canción individual e dúo) .
A puntuación de cada un deles virá determinada polo sistema habitual de xurado+público+compañeiros.
A referida puntuación pasará a unha táboa xeral.
Completada a mencionada táboa en tres programas, os recanteiros con maior puntuación serán os catro semifinalistas de Recantos 2026.
En caso de empate ao final das tres semanas de Liga, os participantes empatados interpretarán esa mesma noite unha canción de desempate (a mesma para todos) onde será o xurado, exclusivamente, quen decida o desenlace.
Os catro seleccionados participarán nas FASES SEMIFINAL E FINAL, que se rexerán polas normas establecidas para edicións anteriores, tal como constan nas seguintes bases do concurso.
En Santiago de Compostela, a 22 de abril de 2026