ÉCHE ASÍ - CRTVG
ÉCHE ASÍ
Programa de divulgación científica, dirixido a un público familiar baixo un formato de entretemento co xogo e a curiosidade como eixos narrativos. Cada emisión aproxímase a aspectos da vida cotiá que lles permitirán aos espectadores descubrir de forma divertida o funcionamento da súa vida diaria. "Éche así" está presentado pola actriz Saamira Ganay e polos divulgadores David Rodríguez, David Ballesteros e Manuel Vicente. Financiado pola Fecyt (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía), emprega o humor para explicar o funcionamento do mundo dunha maneira espectacular e divertida.