A ESTIBA - CSAG
A ESTIBA: Débeda de sangue
Trepidante thriller policial, o primeiro dos medios públicos que se inspira no traballo da Policía Nacional. Un misterio é o punto de partida da serie, que comeza co atraque dun barco no porto de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. A incautación dos cartos en 'A Estiba' supón un duro golpe para César e os seus, que agora se deben enfrontar á mafia nixeriana. Despois do seu primeiro éxito á fronte da comisaría, Manuela alíase con Cruz para demostrar que hai unha toupa dentro do corpo.