A GRANDE EPOPEA DE GALICIA - CRTVG
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 10
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. O programa busca hoxe as pegadas deses pioneiros que converteron Bos Aires na capital galega de ultramar.