A GRANDE EPOPEA DE GALICIA - CRTVG
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Cuba: galegos no campo galego
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. A serie documental ‘A grande epopea de Galicia’ pon hoxe rumbo ao rural para atopar as pegadas da emigración galega no campo cubano.