ATRÁPAME SE PODES - CSAG
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 186'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' non para de subir e chega aos 26.000 €. Entra unha nova tripulación de concursantes dispostos a levar o gran premio en xogo. Paco, de Oleiros; Santi, de Trives; Noelia, de Cambre; Saúl, de Samos, e Montse, da Coruña, viven a súa primeira experiencia no concurso.