BEOWULF E GRENDEL - CSAG
BEOWULF E GRENDEL
Nalgún lugar no tempo, o demo estende as súas garras sobre un castelo e os seus habitantes. Un gran exército púxolle sitio ao lugar, do que din que está maldito, para que ninguén poida saír con vida del. Pero un día un estraño personaxe, Beowulf, chega para ofrecer a súa axuda. Dado que nestas desesperadas circunstancias calquera axuda é benvida, os habitantes do castelo pídenlle a este que cace unha monstruosa sombra sen forma que se achega polas noites coa única intención de matar.