DESEXO CONCEDIDO - CSAG
DESEXO CONCEDIDO: DESEXO CONCEDIDO 6
Programa que fará realidade as ilusións dos espectadores. Presentado por Isabel Blanco, ofrece en cada edición tres historias cheas de emoción que permitirán recuperar a maxia das pequenas cousas. Hoxe, o programa irromperá nun dos ensaios das Tanxugueiras para facer realidade o maior desexo de Montse. A segunda sorpresa será para o pequeno Anxo, un grande admirador de ‘Parque Xurásico’ e un apaixonado dos dinosaurios. E por último, coñecerase a Carolina, unha moza moi alegre e activa, que está a pasar por un momento delicado de saúde.