EU SEI + CA TI - CSAG
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 60
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa. Acabamos a nosa particular semana e, polo tanto, é a última oportunidade de lograr o bote que teñen estes tres equipos: A Ganga do Eguren (Ignacio, Pablo e Salma), Tritolos (Carlos, Pau e Xulio) e Os Aurienses (Concha, Enrique e Félix). Ademais de loitar por chegar á gran final, todos eles deben sumar o maior número de puntos posibles para poder continuar no programa.