GRANDES LUGARES - CSAG
GRANDES LUGARES: Salcedo
Como o mundo é así de pequeno, en Salcedo van ver como é a súa xente, tradicións, iniciativas e usos sociais que realizan en comunidade, a través de historias que transmiten un sentimento común de pertenza, de benestar no rural e de orgullo de terra acolledora. Amais, os veciños relatarán as súas vivencias e aspectos da vida social máis representativa, pois a maioría deles sente paixón por todo tipo de manifestacións culturais; así, xente con talento artístico desde os primeiros anos de vida; lendas e festas do Entroido; faenas agrícolas onde colabora toda a familia; os músicos de nova onda que non deixan de soñar e a función de teatro, onde participa toda a vila.