div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

LATEXOS DA CIDADE

LATEXOS DA CIDADE

A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Hoxe irá de mañanciña cara a Vigo, onde os 122 vendedores do mercado de Coia están xa a montar os seus postos. Despois porá rumbo á Coruña, onde o bo ambiente e a boa comida non poden faltar nun barrio máis coruñés que a propia torre de Hércules: Monte Alto. O programa pasará a tarde rodeado de peregrinos que collen un autobús para volver á casa na estación de Santiago de Compostela e rematará o día coa tensión dun bo partido de baloncesto co Breogán de Lugo.

div-crtvg-top2

Publicidade