MATALOBOS - CSAG
MATALOBOS: O canario
Matalobos é o nome dun clan familiar que vive na Sardiñeira, unha vila costeira de Galicia, que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos. O motivo é que na vila hai cinco familias metidas no narcotráfico a grande escala: clans poderosos, pero que tamén teñen inimigos implacables que lles farán fronte: dúas mulleres, unha xuíza e unha avogada irán por eles. Carmelo Matalobos sabe que o seu avogado non resistirá moito tempo dentro do cárcere. Podería pasar que a xuíza o intentara convencer cun pacto substancioso ou que alguén o quitase de diante. Ningunha das dúas opcións lle valen ao narcotraficante. Os Matalobos non admiten traizóns, pero tampouco abandonan a súa xente.