NÁUFRAGOS - CSAG
NÁUFRAGOS: O sentimento que queda despois do naufraxio
O programa, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a vida despois da traxedia, como segue a vida das familias dos náufragos que non regresaron do mar; a do mariñeiro que sobreviviu ao naufraxio; a vida colectiva das xentes que habitan o porto onde vivían os náufragos e tiña base o barco sinistrado; e, por suposto, cal é a memoria que queda daquel naufraxio, e como esa memoria mantén vivos os sentimentos que produciu o sinistro.