O CLIENTE - CSAG
O CLIENTE
Mark Sway é un neno de once anos que, tras ser testemuña do suicidio dun avogado da mafia, quedou traumatizado, porque sabe que, se revela o que viu, a súa vida se verá gravemente ameazada. Mentres un ambicioso fiscal federal non deixa de meterlle presión para que diga a verdade, a súa única aliada é unha valente avogada que arriscará a súa carreira e mesmo a súa vida para salvalo.