O FARO - CSAG
O FARO
Serie. Ricardo bica a Eva, pero xusto nese momento a lembranza de Lucía cruza pola súa mente, sumíndoo nun mar de dúbidas. Pola contra, Víctor, o seu amigo e confesor, está tan seguro do seu enlace con Feng que lle presentará unha carta que segundo a tradición chinesa el debe mandarlle á familia dela para pedirlle a súa man. Á marxe de todo iso, Lola, a nai adoptiva de Iván, acaba de chegar á casa dos Muñoz.