O FARO - CSAG
O FARO
Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Iolanda decide por fin romper o seu silencio respecto ao accidente de Santiago, ao igual que Víctor, que lle confesa a Patricia que sabía da caída de Santiago nos Samáns. Miguel visita a Carme na residencia, pero alguén os vai descubrir.