O TEMIBLE BURLÓN - CSAG
O TEMIBLE BURLÓN
Século XVIII. O pirata Vallo apodérase do buque do Barón Gruda, cargado de armamento. Vallo decide levar a cabo un plan: en vez de capturar o barón, venderalles as armas aos rebeldes dunha illa caribeña, que tratan de liberarse de Gruda, e despois venderalle a este a información da situación dos rebeldes, traizoando a ambos bandos e optimizando as súas ganancias. Pero para vender as armas debe gañar a confianza dos rebeldes, para o que vai á illa acompañado do seu fiel e mudo amigo Ollo. Os rebeldes non están moi convencidos da honestidade do pirata, pero, despois dunha pelexa cos soldados do Rei, acceden a mercar as armas. Agora Vallo só ten que traizoalos para recibir o diñeiro do Barón, pero hai un problema. Vallo namórase da atractiva Consuelo, filla de El Libre, o líder dos rebeldes. El Libre é prisioneiro do Rei, polo que Vallo decide liberalo. Despois do éxito da fuxida, a tripulación de Vallo decátase do cambio de plans tan só porque o capitán se namorara e, como iso rompe o código pirata, amotínanse e tratarán de que Vallo, Ollo, Consuelo e El Libre sexan novamente capturados polo Barón.