OS CANTOS ROLADOS - CSAG
OS CANTOS ROLADOS: Ruxe Ruxe / Familia Caamagno / Dakidarría / Ataque Escampe
Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. 'Os Cantos Rolados' ofrece un repaso do panorama actual do rock en galego, coas actuacións de Familia Caamagno, Dakidarría, Ruxe Ruxe e Ataque Escampe.