PRATOS COMBINADOS - CSAG
PRATOS COMBINADOS: Enquisas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina está aburrida de traballar no bar, e quere ampliar o seu panorama laboral. Para iso buscará traballo fóra, malia a oposición do seu home. Finalmente, conseguirá un traballo para facer enquisas, mentres Miro porá en marcha un plan para conseguir que Balbina abandone o traballo e regrese ao bar.