RAZA DE VIOLENCIA - CSAG
RAZA DE VIOLENCIA
En 1872, diversas familias apaches póñenlle fin aos seus enfrontamentos coa cabalería de Estados Unidos, firmando a paz con Wahsington, representado polo xeneral Howard. Tres anos despois do fin da guerra, o pacífico xefe indio Cochise morre. O seu fillo maior, Taza, comparte as ideas do seu pai, pero o pequeno, o aguerrido Naiche, ansía a guerra. Naiche non perde o tempo para meterse en problemas e, cando un oficial da cabalería arrasa a tribu Chiricahua, únese ao lendario Xerónimo, un apache renegado que non se somete e prepara unha total insurrección, provocando a guerra co home branco.