RECANTOS CON FEITIZO - CRTVG
RECANTOS CON FEITIZO: RECANTOS CON FEITIZO 10
Programa que convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosa cinco lugares únicos, dende paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'. No día de hoxe, o programa comezará explorando a magnífica colección de arte e patrimonio do Museo de Pontevedra. A seguinte parada será Pedrafita do Cebreiro, onde visitará o seu 'xardín tranquilo¡, e máis tarde achegarase ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. En Ribadavia, 'Recantos con Feitizo' paseará polas rúas empedradas para empaparse da historia xudía e viaxará ata Santiago de Compostela para coñecer unha das súas tradicións: a ourivaría.