div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

RIBEIRAS DE SALITRE

RIBEIRAS DE SALITRE: Corcubión, elegancia mariñeira

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O equipo de ‘Ribeiras de Salitre’ recala hoxe no porto de Corcubión, embarcadoiro destacado cuxo elemento máis distintivo é o seu carácter elegante. Ao sur da Costa da Morte sitúase a ría de Corcubión, e no porto que dá nome á ría atópase unha vizosa actividade pesqueira e de marisqueo. A súa confraría conta con 71 asociados, que se dedican ao marisqueo, mergullo, nasa e palangrillo.

div-crtvg-top2

Publicidade