SEN CÓDIGO POSTAL - CRTVG
SEN CÓDIGO POSTAL: Bueu
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Este espazo regresa á TVG, hoxe coa misión de entregar unha carta na vila de Bueu.