UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA - CSAG
UN GUIRI POLA RIBEIRA SACRA: Sober
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O espazo ‘Un guiri na Ribeira Sacra’ fará hoxe un percorrido polo patrimonio cultural e arquitectónico de Sober.