div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A boas horas!', un espectáculo en directo para revolucionar as madrugadas da fin de semana na Radio Galega

Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo

Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo

csag.gal 20/02/2026 10:23

Santiago, 20.02.2025.-    A Radio Galega estrea este sábado ‘A boas horas!’, un novo formato de entretemento que chega para darlles unha volta ás madrugadas da fin de semana cunha proposta fresca, dinámica e 100 % en directo.

O programa emitirase desde o estudio multimedia de San Marcos de 01:00 a 06:00 horas, tanto na Radio Galega como na G2, transformando a franxa nocturna nun espazo de humor, música e participación.

Á fronte estará o actor e humorista Toño Casais, que asumirá o papel de mestre de cerimonias nun formato inspirado nos grandes late night, adaptado á linguaxe, ao ritmo e á esencia da radio. Durante cinco horas, o guión convivirá coa improvisación e coa interacción constante coa audiencia.

O espazo contará tamén coa participación do televisivo Isi e da reporteira Alexandra Tojo, conformando un equipo aberto ao xogo e á sorpresa, en que cada noite será distinta. ‘A boas horas!’ combinará monólogos de actualidade, entrevistas pouco convencionais, dobraxes humorísticas, versións musicais en clave cómica, xogos en directo e rankings imposibles, ademais de espazos de participación sentimental.

A audiencia terá un papel protagonista a través de chamadas telefónicas, mensaxes de voz e redes sociais, reforzando o vínculo coa radio en directo e convertendo o programa nunha auténtica experiencia compartida. Con esta aposta, a Radio Galega reivindica a forza do directo e a capacidade da radio para acompañar, sorprender e divertir, convertendo as madrugadas da fin de semana nun gran escenario de humor e improvisación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade