div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Bailamos' volve este domingo á Televisión de Galicia con máis espectáculo, un nivel de baile nunca visto e a mellor música galega

Nesta nova temporada, presentada por Juan Fuentes, o talent show ofrecerá un auténtico espectáculo, con artistas convidados en cada entrega e dúas novas categorías de competición

csag.gal 29/08/2026 15:30

Santiago, 29.08.2026.-     Este domingo volve á TVG ‘Bailamos’ (22:35 h), o talent show que se consolida como a gran pista de baile de Galicia. Tras o éxito da súa primeira edición, o programa regresa á pantalla con máis espectáculo, máis emoción e máis baile, convertendo cada gala nun encontro entre novos talentos, artistas convidados e grandes actuacións musicais. Juan Fuentes, presentador de ‘Bailamos Celebrity’, estará á fronte da nova etapa. 

Esta segunda temporada contará con 13 entregas en que 14 concursantes de toda Galicia competirán por converterse nos mellores bailaríns e conseguir o premio final de 10.000 euros, nunha competición que compartirá protagonismo coas actuacións de solistas e formacións musicais que visitarán o programa con propostas cheas de enerxía e dinamismo, facendo de cada gala unha auténtica festa. A música galega terá un papel destacado nesta nova temporada, reforzando a identidade dun formato que converte a danza nun punto de encontro entre tradición, entretemento e emoción. 

O xurado manterá a súa formación habitual, coa presenza do coreógrafo Poty Castillo; a bailarina e coreógrafa da orquestra Panorama, Tania Zapata, e o director da compañía Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz. Eles serán os encargados de valorar as actuacións dos concursantes e decidir quen merece avanzar nunha competición que combinará actuacións en parella e en solitario. 

No primeiro programa, 18 aspirantes chegarán esta noite á pista para demostrar o seu talento e conseguir unha das 14 prazas definitivas da edición. Tras un proceso de selección en que participaron arredor de 500 persoas, os concursantes deberán convencer o xurado coa súa técnica, capacidade interpretativa e evolución persoal.
  
A gala contará tamén coa participación de Mattia Blad, finalista da pasada edición, que regresará ao escenario de ‘Bailamos’ para compartir a súa evolución tras o seu paso polo programa e amosar como esta experiencia lle abriu novas oportunidades profesionais no mundo da danza. 

A segunda temporada mantén as seis categorías míticas do programa: ‘Verbena’, ‘Folk’, ‘Sexy’, ‘Revival’, ‘De cine’ e ‘Nivelazo’, e ademais incorpora dúas novas propostas: a categoría individual de ‘Playback’, onde a interpretación e a capacidade de meterse na pel dun artista serán claves, e o reto ‘Celebrity’, en que unha cara coñecida da TVG se unirá a un concursante en cada gala para defender unha coreografía sobre a pista. 

‘Bailamos’ continuará sendo tamén un programa de historias. O público poderá coñecer a evolución dos concursantes, os seus esforzos, as súas ilusións e os vínculos que nazan durante a experiencia.

A nova temporada chega tamén avalada polo éxito dixital da primeira edición, que conseguiu crear unha comunidade moi activa nas redes sociais, con máis de 11,5 millóns de reproducións e máis de 168.000 interaccións. Agora, todo está preparado para volver conquistar a pista de baile e facer vibrar os espectadores da TVG cunha edición máis grande, máis próxima e máis nosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade