div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Bicos e bicas' descobre esta noite a empanada preferida polos galegos

O cantante Carlos Baute e o grupo Mekánika Rolling Band encargaranse de poñer música ao programa deste sábado

csag.gal 23/08/2025 00:01

Santiago, 23.08.2025.-   O presentador da Televisión de Galicia Arturo Fernández ponse este sábado á fronte de ‘Bicos e bicas’ (22:00 h) para elixir a receita favorita dos galegos dun prato emblemático da nosa gastronomía. Nesta ocasión o programa escollerá a mellor empanada, entre unha ducia de propostas. 

Para resolver esta eterna dúbida gastronómica, no ‘Bicos e bicas’ desta semana haberá defensores da empanada de polo de Vila de Cruces, de zorza de Pontellas (O Porriño), de choco de Redondela, de mexillóns de Lorbé, de xoubas de Rianxo, de polbo de Aguiño, de liscos de Bretoña (A Pastoriza), de carne da Bandeira, de bonito de Burela, de bacallau en Carral, de berberechos de Noia, e de zamburiñas de Cambados. 

O cantante Carlos Baute e o grupo Mekánika Rolling Band encargaranse de poñer música ao ‘Bicos e bicas’ deste sábado e tamén contribuirán a dilucidar cal é a empanada máis saborosa, o tipo de masa que triunfa, a elaboración e o recheo máis aplaudido. 

O veredicto final estará composto polos datos dunha macroenquisa con cuestións fundamentais sobre os mellores ingredientes ou da elaboración da mellor empanada galega. Ademais, terase en conta a opinión dunha mesa de catadores VIP composta por cociñeiros recoñecidos, escritores e xornalistas gastronómicos, entre outros. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade