'Galicia Bonita' visita esta semana o concello de Touro para arranxar unha gran mole de cemento acompañada dun galiñeiro con ladrillo á vista - CSAG
'Galicia Bonita' visita esta semana o concello de Touro para arranxar unha gran mole de cemento acompañada dun galiñeiro con ladrillo á vista
A propietaria da casa e as súas amizades axudarán ao máximo o equipo do programa (22:50 h), cuxa actitude relaxada chegará a desesperar a súa xefa

Santiago, 29.09.2026.- O concello coruñés de Touro é esta semana o destino de ‘Galicia Bonita’, que coñecerá a propiedade de Noa, unha mole de cemento acompañada dun galiñeiro con ladrillo á vista que pouco ou nada bebeu da súa fermosa contorna
A propietaria desta casa mercouna hai uns meses e foi facendo cousiñas dentro para entrar a vivir, pero agora precisa a axuda de Rosa Facal e o seu equipo para darlle unha volta por fóra.
Xunto á súa parella, Esteban, e a todas as súas amizades, Noa axudará ao máximo o equipo do programa, que aproveitará para tomarse a semana máis relaxada, chegando a desesperar a súa xefa.