div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Land Rober Tunai Show' recibe hoxe as actrices que conforman o trío cómico R(h)umorosas e a veterinaria galega Rebeca Atencia, discípula de Jane Goodall

Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro pintarán a mona nun estudio de televisión que visitará en exclusiva a primatóloga ferrolá, directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpounga, na República do Congo

csag.gal 09/10/2025 02:00

Santiago, 09.10.2025.-    ‘Land Rober Tunai Show’ (21:45 h) recibe este xoves no estudio de gravación as tres actrices galegas que conforman o trío cómico R(h)umorosas. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro veñen pintar a mona e os espectadores veranas  en acción. Colegas de profesión e amigas diante e detrás das cámaras e dos escenarios, utilizan a comedia como xeito de reivindicar as máis ilustres mulleres galegas dun xeito diferente e divertido.

O espazo da TVG contará ademais coa presenza de Rebeca Atencia, a veterinaria e primatóloga galega herdeira do legado de Jane Goodall e directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpounga, na República do Congo. Estará en exclusiva en Galicia nun plató de televisión durante a súa curta estadía en Europa.

Na ficción volve Fandiño, o empregado que sempre chega tarde ao traballo. A ver con que chega nesta nova entrega. Todo isto e moito máis, esta noite na Televisión de Galicia, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade