div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Luar' estrea tempada na TVG cun renovado estudio, coa incorporación de Laura Boado e cun novo 'Recantos'

O programa de referencia dos venres á noite na Galega conta hoxe (21:45 h) coa actuación de Rosa López e o Combo Dominicano, entre outros convidados

csag.gal 18/09/2026 00:01

Santiago, 18.9.2026.-  A TVG dá hoxe a benvida á 35ª temporada de ‘Luar’ (21:45 h), que regresa cunha renovada posta en escena para seguir acompañando os espectadores na noite dos venres. O programa que presenta Xosé Ramón Gayoso estréase nun estudio transformado, cunha nova decoración, novas cores e unha experiencia máis inmersiva, pensada para achegar a emoción do directo ás casas de maneira máis inmediata.

Entre as novidades desta nova etapa destaca a incorporación de Laura Boado. A compostelá é coñecida polos espectadores pola súa intervención en programas doutras canles e na TVG, onde presentou xunto a Paco Lodeiro ‘O amor está en Galicia’ e tamén  á fronte de ‘Talentos extraordinarios’. O pasado venres foi presentada oficialmente como nova copresentadora de ‘Luar’ durante a gala de ‘O musical. Mellor á Galega’.

Esta nova temporada trae outra das citas máis agardadas polos seguidores do espazo, o inicio da 17ª edición de ‘Recantos’. Os 20 recanteiros seleccionados para esta edición foron elixidos tras o proceso de cásting, que a audiencia seguiu con éxito este verán na TVG. Nesta primeira gala competirán Morais, representante de Terras de Pontevedra, e Lois, do Morrazo. Ao longo das próximas semanas iranse incorporando o resto dos participantes, que representan as distintas comarcas e territorios de Galicia e o Bierzo.

O concurso contará novamente coa experiencia da mezzosoprano e catedrática de canto do Conservatorio da Coruña, Nuria Lorenzo, e do histórico Manuel de Andrade, aos que se suma nesta temporada unha nova integrante do xurado. Trátase dunha actriz galega moi coñecida dentro e fóra de Galicia, cunha destacada traxectoria profesional, cuxa identidade se revelará esta noite.

Entre as actuacións musicais de hoxe, cómpre salientar a Rosa López, Combo Dominicano, Pili Pampín e a súa filla Flavia Torrente, que presentará novo tema, ademais da agrupación tradicional Cantigas da Terra

E no apartado de humor, o público reencontrarase con algúns dos personaxes máis queridos de ‘Luar’, como Sabela Grilo, interpretada por María Foscaldo; Rosita de Penelas, á que dá vida Patricia Vázquez; e o dúo Todo Mal, formado por Carla e Marcos. O Mago Kenneth completa o elenco de artistas desta edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade