div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Nacer de Novo' celebra os seus 2.000 programas cunha entevista exclusiva este domingo ao cantautor Juan Luis Guerra

Conversará co director e presentador, Xaime Fernández Garrido, e xuntos interpretarán algunhas das súas melodías máis coñecidas e falarán das súas experiencias persoais e do seu agarimo por Galicia

Durante as vindeiras semanas e ata o 24 de maio, ofreceranse máis edicións especiais do que é o espazo máis antigo de todas as televisións europeas,
con case 40 anos de emisión ininterrompida

csag.gal 01/05/2026 13:00

Santiago, 01.05.2026.-    O espazo ‘Nacer de Novo’ continúa celebrando este primeiro domingo de maio os seus 2.000 programas en antena cunha nova edición especial, que consistirá nunha entrevista exclusiva a Juan Luis Guerra.

O cantautor dominicano conversará co director e presentador do programa, Xaime Fernández Garrido, e xuntos interpretarán algunhas das súas melodías máis coñecidas e falarán das súas experiencias persoais e do seu agarimo por Galicia. O programa rematará co vídeo da canción ‘Nada me separará de ti’.

Esta serie de especiais polos 2.000 programas continuará durante as vindeiras semanas e terá o seu colofón o próximo 24 de maio cunha entrega máis longa, dunha hora de duración.

‘Nacer de Novo’ é o programa máis antigo de todas as televisións europeas, con case 40 anos de emisión ininterrompida. Ademais, é o espazo relixioso pioneiro nas televisións autonómicas. De feito, o programa de TV3 chámase ‘Neixer de nou’, en honor a el. Ao longo destas 2.000 semanas, máis de 40.000 persoas chamaron para seren axudadas en diferentes situacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade