div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'O amor está en Galicia', desde o mércores no prime time da TVG, con Paco Lodeiro e Laura Boado

Este novo dating-show percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial

A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas citas a cegas cada semana

Na noite da estrea, a audiencia poderá gozar dunha dobre entrega con catro parellas moi diferentes (22:40 h)

csag.gal 26/01/2026 16:14

Santiago, 26.01.2026.-    Televisión de Galicia estrea este mércores no prime time, ás 22:40 h, ‘O amor está en Galicia’, un formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado. O espazo levará os espectadores de viaxe nunha icónica ‘cupi-furgo’, o vehículo desde o que se recollerán peticións e se escoitarán historias reais e de novas parellas que non se coñecen de nada, pero quedan para falar, compartir o seu relato de vida e comprobar se entre elas prende algo especial.

‘O amor está en Galicia’ aposta por historias reais, pola retranca, pola sinceridade e por un xeito moi galego de entender os afectos. Cada programa contará con dúas parellas diferentes e coa complicidade dos presentadores, que os axudarán a romper o xeo.

Neste novo dating-show da TVG haberá de todo: parellas que discuten porque non coinciden en gustos ou en formas de ver o amor e participantes que confesan os máis íntimos segredos. Tamén persoas que se emocionan ao falar do que lles fallou no amor e encontros que sorprenderán mesmo a Laura Boado e Paco Lodeiro, intérprete da sintonía do programa, unha adaptación de ‘Love is in the air’. 

A ‘Cabina dos amores’, unha antiga cabina de teléfono, será o punto de partida para moitas historias e o espazo onde os participantes deixarán as súas mensaxes, confesións e peticións, e onde comezarán moitas das tramas do programa. 

Este mércores coñécense catro parellas  

Na noite da estrea a audiencia poderá gozar dunha dobre entrega de ‘O amor está en Galicia’, onde se coñecerán catro parellas moi diferentes. A primeira cita a cegas, a de Laura e Fernando, está marcada por unha opinión moi controvertida de Fernando sobre as mulleres. E na parella formada por Brian e Jairo, un deles desvela que é unha persoa non binaria.   

Brendan e Pilar probarán sorte no amor, a continuación, aínda que ela ten dificultade para confiar nos homes. No canto de Xavier e Josi, este último non desiste en buscar a súa parella perfecta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade